![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Net_Migration_Rate.svg/langgl-640px-Net_Migration_Rate.svg.png&w=640&q=50)
Migración humana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A migración humana referírese á migración de poboacións de seres humanos, e ten dúas acepcións:
- unha ampla, que inclúe todos os tipos de desprazamentos dos seres humanos,
- e outra, máis restrinxida, que só ten en conta aqueles desprazamentos que involucran un cambio de residencia dos que o realizan.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Migración (homónimos).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Net_Migration_Rate.svg/640px-Net_Migration_Rate.svg.png)
A Organización das Nacións Unidas declarou o 18 de decembro como Día Internacional do Migrante, co obxectivo de promover unha xestión humana e ordenada da migración en beneficio de todos, incluíndo as comunidades de orixe, tránsito e destino [2].