Mieres, Xirona
concello da provincia de Girona From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Girona From Wikipedia, the free encyclopedia
Mieres é un concello da comarca da Garrotxa, na provincia de Xirona. En 2006 contaba con 331 habitantes, distribuídos nunha área de 26,29 km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Xirona | ||||
Comarca | Garrotxa | ||||
Capital | Mieres (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 353 (2023) (13,42 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 36 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 26,3 km² | ||||
Bañado por | Riu Tort (en) | ||||
Altitude | 286 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Núria Martinez (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17830 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17105 | ||||
Código territorial IDESCAT | 171058 | ||||
Páxina web | mieres.cat |
Forma parte do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa. Está situada ao norte da serra de Finestres, a uns 286 m de altitude. Régaa o río Tort, afluente do Ser pola dereita, xunto coa riera de Mieres. Na flora destacan os piñeirais de piñeiro branco, carballeiras e aciñeirais.
A agricultura é de secaño, con viñas e oliveirais. Na gandería destaca o bovino.
Mieres está documentada desde o ano 834. Viuse mergullada en 1484 na segunda Guerra dos Remensas, dirixida por Pere Joan Sala, cando os campesiños se negaron a pagar os tributos excesivos reclamados polos seus señores.
O municipio alcanzou o seu máximo de poboación a mediados do século XIX (1.511 habitantes en 1857) e aínda nas primeiras décadas do século XX superaba o millar de habitantes. A partir da década de 1940 comezou a perder poboación continuamente, aínda que os dous últimos decenios están marcados pola estabilidade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mieres, Xirona |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.