Os micromorcegos ou microquirópteros (Microchiroptera) son unha suborde da orde Chiroptera. O termo de microquirópteros é algo inexacto, xa que algúns deles son máis grandes que os megaquirópteros.
Micromorcegos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corynorhinus townsendii | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Superfamilias | |||||||||||
Véxase o texto |
O tamaño varía entre 4 e 16 centímetros. A maioría do alimento dos microquirópteros son os insectos. Algúns cazan especies máis grandes: lagartos, ras ou mesmo peixes. Hai microquirópteros, como o vampiro (Desmodus rotundus) de América do Sur, que se alimentan de sangue de grandes mamíferos.
Diferenzas entre micro e macroquirópteros
As distincións entre microquirópteros e megaquirópteros son:
- Mentres que os megaquirópteros son fruxívoros, a maioría dos microquirópteros aliméntanse de insectos.
- Os microquirópteros usan a ecolocalización e os megaquirópteros non (agás unha especie e de forma diferente).
- Aos microquirópteros fáltalles a garra no segundo dedo do pé.
- As orellas dos microquirópteros non forman un anel pechado, senón que os bordos están separados na base da orella.
Clasificación
Esta clasificación é a adoptada por Simmons & Geisler (1998):[1]
- Superfamilia Emballonuroidea
- Familia Emballonuridae
- Superfamilia Rhinopomatoidea
- Familia Rhinopomatidae
- Familia Craseonycteridae
- Superfamilia Rhinolophoidea
- Familia Rhinolophidae
- Familia Nycteridae
- Familia Megadermatidae
- Superfamilia Vespertilionoidea
- Familia Vespertilionidae
- Superfamilia Molossoidea
- Familia Molossidae
- Familia Antrozoidae
- Superfamilia Nataloidea
- Familia Natalidae
- Familia Myzopodidae
- Familia Thyropteridae
- Familia Furipteridae
- Superfamilia Noctilionoidea
- Familia Noctilionidae
- Familia Mystacinidae
- Familia Mormoopidae
- Familia Phyllostomidae
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.