A dos merluccíidos ou merlúcidos[1] (Merlucciidae) é unha familia de peixes osteíctios mariños da orde dos gadiformes que inclúe ás pescadas, especies de grande importancia comercial, que se distribúen polo norte do océano Atlántico e o sur e leste do Pacífico.[2]

Máis información Clasificación científica, Subfamilias e Xéneros ...
Pechar

Etimoloxía

O nome da familia deriva do nome do seu xénero tipo, Merluccius, e este do latín medieval merlutius ou merluccius, do latín clásico merulis, -us ou merula, -ae, "merlo" (e tamén o nome de certo peixe), e lutius, -us, "lucio".[3]

Descrición

Teñen dúas aletas dorsais, excepto Lyconodes que ten só unha, cos primeiros raios espiñentos. A segunda aleta dorsal e a aleta anal cunha fendedura posterior. Carecen de barbelas no mento. A boca é grande, situada en posición terminal. Teñen dentes na parte dianteira do óso vómer, e a maioría das especies teñen os dentes longos e afiados. As escamas son pequenas, e de tipo cicloide.[4]

Hábitat e forma de vida

As especies do xénero Merluccius son voraces depredadores que habitan na plataforma continental e na parte superior do noiro continental; as especies do xénero Macruronus viven en grandes bancos na plataforma continental subantártica.[4] Pola súa parte, Steindachneria argentea, única especie do xénero Steindachneria, habita no golfo de México e no mar Caribe.[2]

Taxonomía

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.