![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Mephistopheles2.jpg/640px-Mephistopheles2.jpg&w=640&q=50)
Mefistófeles
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mefistófeles é un demo do folclore alemán. Aparece na literatura como un demo na lenda de Fausto, e dende entón apareceu en multitude de obras como personaxe tipo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Mephistopheles2.jpg/640px-Mephistopheles2.jpg)
É unha personaxe satánica da Idade Media, coñecida como unha das encarnacións do mal, aliado de Lucifer e Lucius na captura de almas inocentes a través de roubos de corpos humanos atraentes. Porén, é un dos demos máis crueis e en moitas culturas é interpretado como sinónimo do propio Diabo.
Durante o Renacemento, era coñecido polo nome de Mefostófiles, forma da cal deriva unha das súas posibles etimoloxías, segundo a cal o nome procede da combinación da μὴ ("partícula negativa grega"), φῶς ("luz") con φιλής ("o que ama"), ou sexa, "o que non ama a luz". Porén, o significado da palabra non foi estabelecido por completo. Butler menciona que o nome suxire diferentes conxecturas nas linguas grega, persa e hebrea. Entre os nomes suxeridos están Mefotofiles (inimigo da luz), Mefaustofiles (inimigo de Fausto) ou Mefiz-Tofel (destrutor-mentiroso).[1]