Mecanización
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mecanización é o uso de máquinas para substituír parcial ou totalmente o traballo humano ou animal. É importante mencionar que a diferenza da automatización que depende totalmente dun operador humano, a mecanización require da participación dunha persoa para proporcionar información ou instrución.[1] Outra acepción fai referencia a todo aquilo que require un poder de movemento e un obxecto suxeito á operación, o cal debese terminarse para que o traballo estea feito.[2]
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2017) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
De cando en vez o concepto de mecanización inclúe tamén as ferramentas de man. No uso moderno do termo utilízase para describir procesos complexos en diversas ramas tales como a enxeñaría ou a economía, nos que xa non fai referencia só á física que substitúe un traballo humano por unha máquina, senón que amplía esta definición á redución de grandes procesos a un máis eficiente que os simplifica. Logo da invención da electrificación, a mecanización deixou de ter como fonte enerxética a forza das persoas e comezou a ser sinónimo de máquinas motorizadas.[3]