![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/01/Albert-magistraten-25-11-1918.jpg/640px-Albert-magistraten-25-11-1918.jpg&w=640&q=50)
Maxistrado, maxistrada
funcionario público, normalmente xuez ou con potestade de xuez / From Wikipedia, the free encyclopedia
Maxistrado (do latín magistratus) é un termo que procede dos tempos da antiga Roma e evolucionou nos países de fala hispana para referirse a cargos administrativos e, especialmente, xudiciais.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/01/Albert-magistraten-25-11-1918.jpg/640px-Albert-magistraten-25-11-1918.jpg)
En España, denomínanse maxistrados aos xuíces que integran os tribunais (Tribunal Supremo, tribunais superiores de xustiza e audiencias provinciais). Non obstante, como o termo pasou a designar unha categoría da carreira xudicial, actualmente denomínase maxistrado a calquera membro da carreira xudicial que ascendese á segunda categoría, con independencia de que sirva nun tribunal ou un xulgado.