ciclista francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Maurice Garin, nado o 3 de marzo de 1871 na localidade italiana de Arvier e finado o 19 de febreiro de 1957 en Lens, foi un ciclista francés de finais do século XIX e comezos do século XX, que é recordado sobre todo por ter sido o primeiro gañador do Tour de Francia, en 1903.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1871 Arvier, Italia (pt) | ||||||||||||||||
Morte | 19 de febreiro de 1957 (85 anos) Lens, Francia | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Q110366087 | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
País de nacionalidade | Francia (1901–1957) Reino de Italia (1871–1901) | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua francesa | ||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
1 de xullo de 1903 | Tour de Francia 1903 | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Irmáns | Ambroise Garin (pt) e César Garin (pt) | ||||||||||||||||
Os primeiros éxitos da súa carreira ocorreron en 1893, 1894 e 1895, moitos deles en probas de resistencia de 24 horas ou centos de quilómetros, que tiñan lugar en pistas ou velódromos. En 1897 e 1898 acadou sendas vitorias na París-Roubaix, amais doutros triunfos. En 1902 gañou a prestixiosa pero desaparecida Bordeos-París. Cando en 1903 naceu o Tour de Francia, Garin xa tiña 32 anos, pero aínda era considerado un dos favoritos para a vitoria final en París, cousa que confirmou acadando 3 vitorias de etapa nun total de 6 e o triunfo final con case 3 horas de vantaxe sobre o segundo clasificado. En 1904 acadou de novo a vitoria na Grande Boucle, con 2 vitorias de etapa, pero 4 meses despois foi desposuido do título acusado de ter feito parte do percorrido en coche, algo que el negou durante o resto da súa vida. Nesa actuación foron eliminados da carreira os 4 primeiros clasificados daquel Tour, non só Maurice Garin. Suspendido deportivamente por 2 anos, decidiu retirarse do deporte profesional.
Trala súa retirada montou un taller de bicicletas na cidade de Lens, e mesmo creou un equipo profesional chamado "Garin".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.