From Wikipedia, the free encyclopedia
O Matilda II (Infantry Tank Mark II) foi un carro de combate de infantaría británico da segunda guerra mundial. Serviu dende o principio ata o final de conflito e asociouse particularmente á campaña do norte de África. Foi substituído no servizo polo Valentine. Coa súa blindaxe pesada o Matilda II foi un excelente carro de combate de apoio á infantaría, pero estaba limitado pola súa velocidade e armamento.
Matilda II | |
---|---|
Matilda despregando unha bandeira italiana capturada | |
Tipo | carro de combate de infantaría |
Orixe | Reino Unido |
En servizo | 1939 - 1945 |
Usado por | Reino Unido Unión Soviética Australia |
Guerras | Segunda guerra mundial |
Deseñado | 1937 |
Fabricante | Vulcan Foundry |
Producido | 1937 - 1943 |
Construídos | 2.987 |
Peso | 26.5 toneladas |
Lonxitude | 4.9 metros |
Anchura | 2.6 metros |
Altura | 2.36 metros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cando o anterior Infantry Tank Mark I, tamén coñecido como "Matilda", foi retirado do servizo o Infantry Tank Mk II pasou a ser coñecido sinxelamente por ese nome.
A primeira suxestión para un gran carro de infantaría foi realizada en 1936, coa especificación A12 e o contratista foi decidido a finais de ano.
O Infantry Tank Mk II foi deseñado no Royal Arsenal, en Woolwich para a especificación do Estado Maior A.12 e construído por Vulcan Foundry. O deseño estaba baseado no A7 (que comezara a desenvolverse en 1929) en lugar de no Infantry Tank Mk I, que era un carro de dous homes cunha única metralladora como armamento.
Cando a guerra fíxose inminente, ordenouse a produción do Matilda II e restrinxiuse a do Matilda I. O primeiro pedido, de 140 unidades fabricadas por Vulcan Foundry, foi realizado pouco despois de que se rematasen as probas a mediados de 1938.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matilda II |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.