From Wikipedia, the free encyclopedia
Marginalia (do latín marginalia) é o termo xeral que designa as notas, escritos e comentarios persoais ou editoriais feitos na marxe dun libro.
O termo (marginalia) foi acuñado por Samuel T. Coleridge[1] que fixo un uso extensivo de notas marxinais en case todos os libros que leu. Publicáronse cinco volumes só cos seus marginalia.
O termo tamén se usa para designar deseños e adornos nas iluminacións de manuscritos medievais. Non se deben confundir os verdadeiros marxinais cos sinais de lectura, que son marcas ou garabatos que se usan para marcar un paso (p. ex. estrelas, cruces, selos con indicadores, etc. ). A maneira formal de engadir notas descritivas a un documento chámase anotación.
As marxinalias tamén se chaman glosas (do grego koiné γλώσσα, que significa "lingua" - tanto o órgano como o idioma). As glosas son notas escritas nas marxes ou entre liñas dun libro[2], nas que se explica o significado do texto na súa lingua orixinal, ás veces noutra lingua. Neste sentido é semellante a unha nota ao pé[3].
Os escolios feitos nos manuscritos clásicos son as primeiras formas coñecidas de marxinalia. O último teorema de Fermat é probabelmente a anotación marxinal máis famosa da historia.
Edgar Allan Poe titulara formalmente algunhas das súas reflexións "Marginalia"[4].
Algunhas marxinalias famosas son obras formais e serias, escritas nas marxes pola escaseza de papel. Voltaire escribiu nas marxes dos libros cando estaba no cárcere, e Sir Walter Raleigh escribiu nas marxes unha última declaración antes da súa execución. John Bethune era un poeta inglés pobre, ao que o único papel dispoñíbel eran precisamente os lados das páxinas dos libros.
A marxinalia pode engadir valor ou depreciar un libro, obviamente dependendo de quen o fose autor. Marxinalias feitas ocasionalmente por Tony Blair nun libro de Winston Churchill, por exemplo, poden revalorizar a obra; as notas tomadas por un estudante nun libro de Oliver Twist seguramente o deprezan.
As glosas ou marxinalias poden variar na súa complexidade e elaboración, desde simples notas nas marxes dalgunhas palabras que o lector pode atopar escuras ou difíciles, até traducións completas do texto orixinal e referencias a parágrafos similares. Un conxunto de glosas é un glosario. Unha colección de glosas xurídicas medievais, elaboradas polos chamados glosadores, con comentarios sobre textos legais, chámase apparatus. A compilación de glosas en glosarios marcou o inicio da lexicografía, e os glosarios así elaborados foron os primeiros dicionarios.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.