Marrocos nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Marrocos participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1960, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1980, cando se uniu ao boicot liderado polos Estados Unidos. Marrocos tamén boicoteou os Xogos de 1976, retirando os seus deportistas logo de ter enviado inicialmente unha delegación.[1] Só un representante marroquí tivo tempo para competir antes da retirada do seu país: Abderahim Najim.
Datos rápidos
Marrocos nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | MAR | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Nacional de Marrocos www | ||||
Medalleiro |
|
Pechar
Marrocos tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno en sete ocasións dende 1968.
O Comité Olímpico Nacional de Marrocos foi creado en 1959.