xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Mario Fernández Mazas, nado en Ourense en 1920 e finado en Cella en 1937, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1920 Ourense, España |
Morte | 1937 (16/17 anos) Cella, España |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Cándido Fernández Mazas Armando Fernández Mazas |
Irmán máis novo de Cándido Fernández Mazas. Xunto cos seus amigos Luís Taboada Camoeiras e Amadeo Varela Rodríguez publicou a revista Espartaco. Os seus artigos aparecían asinados como MA FER MA. En 1936 preparábase para iniciar os estudos de medicina. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Destinado á fronte de guerra logo de pasar pola A Coruña, Zaragoza e Teruel. Segundo a versión oficial foi abatido en Cella (provincia de Teruel) por unha bala perdida, pero en realidade tratouse dun axustizamento, pois o cadáver presentaba unha bala nas costas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mario Fernández Mazas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.