mar From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mar dos Argazos (ás veces citado como Mar dos Sargasos ou Mar dos Sargazos), é unha rexión do océano Atlántico setentrional que se estende entre os meridianos 70º e 40º O e os paralelos 25º a 35º N, e que nos séculos XVII ó XVIII tivo a tétrica fama de ser lugar de cemiterio de buques de navegación a vela. Abrangue parte do sector chamado Triángulo das Bermudas.
Mar dos Argazos Mar dos Sargasos Mar dos Sargazos | |
---|---|
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Accidentes | |
Outros | Triángulo das Bermudas |
Características | |
Superficie | 3 500 000 km², |
Lonxitude máxima | 3 200 km |
Anchura máxima | 1 100 km |
Profundiade máxima | 7 000 m |
Outros datos | |
Descubrimento | Cristovo Colón |
Mapa | |
Mapa do Mar dos Argazos, con indicación das correntes mariñas circundantes. | |
O mar dos Argazos, delimitado polas correntes oceánicas do Atlántico Norte | |
O sector, cunha superficie total —aínda que variable— de 3 500 000 km², que se caracteriza pola frecuente ausencia de ventos, correntes mariñas, e a abundancia de plancto e algas, estas últimas formando «bosques» mariños superficiais que poden estenderse de horizonte a horizonte e constituíron xunto ás «calmas chichas» un formidable obstáculo para a navegación dende a época do descubrimento de América. As correntes circundantes intercéptanse tanxencialmente impulsando as augas interiores nun lento círculo de sentido horario e concéntrico, cun amplo centro que non ten movemento aparente e é dunha calma eólica notable. En efecto, a área, de forma ovalada, é de límites difusos xa que non baña terra firme —coa única excepción das illas Bermudas— , e os seus límites constitúenos importantes correntes oceánicas: ó Oeste a Corrente do Golfo, ó Norte a Corrente do Atlántico Norte e ó Sur unha das correntes ecuatoriais.
As correntes que o circundan determinan un sistema de augas superficiais relativamente cálidas que se moven moi lentamente en sentido horario, sobre as augas máis profundas do océano, moito máis frías e densas. Esta estratificación da auga por densidades, provocada pola diferenza de temperatura, ten importantes consecuencias ecolóxicas. Nas augas superficiais, onde chega a luz, abunda o plancto vexetal, que consome sales como os fosfatos e os nitratos. Debido á diferenza de densidade, a auga da superficie apenas se mestura coa auga fría e rica en minerais das capas inferiores, que podería repoñer os sales consumidos. Por esta razón, nas rexións superiores do Mar dos Argazos apenas existe vida animal, e carecería de interese biolóxico de non ser pola alga que lle presta o nome, o argazo do xénero Sargassum, que forma grandes campos, rebosantes de organismos mariños.
O Mar dos Argazos foi un dos descubrimentos de Cristovo Colón na súa primeira viaxe a América e no século seguinte comezou a xestarse a fama de cemiterio de barcos.
Foron os navegantes portugueses os que lle puxeron o nome á alga e ó mar. As algas do xénero Sargassum forman grandes conxuntos enleados, que se manteñen a flote por medio de vinchas cheas de gas, e esténdense ata o horizonte. Con frecuencia, os barcos portugueses víanse freados polas algas, e incluso chegaban a quedar atascados nelas, o cal lles daba ás tripulacións tempo de sobra para estudar a planta. Como procedían dun país onde abundaban as viñas, os conxuntos de vinchas de gas parecéronlles acios de uvas dunha variedade denominada salgazo. Así foi como os portugueses lle deron ó Mar dos Sargazos o seu nome. As especies do xénero Sargassum están emparentadas cun grupo de algas que adoitan crecer adheridas ás rochas próximas ás costas, pero adaptáronse por completo á vida peláxica, isto é, en mar a fóra, e agora aboian nas capas superiores do océano.
O Mar dos Argazos é tamén o lugar elixido polas anguías para a desova.
As características singulares do Mar dos Argazos, cunha extensión equivalente a 1/3 da superficie dos Estados Unidos constituíu un formidable obstáculo para a navegación martíma nos tempos dos veleiros, inspirando innumerables lendas e mitos sobre os cales posteriormente se crearon obras de ficción:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar dos Argazos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.