escritora española. From Wikipedia, the free encyclopedia
María Vinyals Ferrés, nada en Soutomaior o 14 de agosto de 1875 e finada en París na década de 1940, foi marquesa de Ayerbe e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1875 Castelo de Soutomaior, España |
Morte | 1942 (66/67 anos) París (Francia) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , Socialista , xornalista , sufraxista , feminista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Enrique Lluria Despau (1909–1928) Juan Jordán de Urríes (1896–1908) |
Naceu no castelo de Soutomaior, provincia de Pontevedra, o 14 de agosto de 1875.[1] Recibiu bens dos seus tíos os marqueses de la Vega e Armijo.[2] Casou en 1896 con Juan Jordán de Urríes, marqués de Ayerbe.[1] Publicou en 1904 a súa obra El Castillo del Marqués de Mos en Sotomayor.[3] Vinyals, que tivo relación con Emilia Pardo Bazán, María Barbeito e Carmen de Burgos,[3] inscribiuse no Ateneo de Madrid en 1906.[4] Foi fundadora do Centro Ibero-Americano de Cultura Popular Feminina, institución co obxectivo de ensinar a mozas que non tiñan acceso a outro tipo de educación.[5] En 1909, tralo falecemento do marqués, casou co médico cubano Enrique Lluria.[6] Membro do Partido Socialista Obrero Español,[7] estivo afiliada na Agrupación Feminina Socialista de Madrid[8] e escribiu varios artigos en publicacións coma El Imparcial, El Fígaro ou Blanco y Negro.[9] Tratou nos seus escritos a cuestión da importancia da educación da muller coma ferramenta para a rexeneración social,[7] ademais de propugnar a complementariedade do home e a muller na xestión pública.[10]
En 1919 trasladouse a Cuba.[11] Faleceu en París durante a ocupación nazi da cidade na segunda guerra mundial.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.