farmacéutica e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María José Fernández Díaz, nada no Valadouro en 1971, é unha farmacéutica e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) O Valadouro, España |
Alcaldesa do Valadouro | |
2023 – 13 de setembro de 2024 (dimisión) ← Edmundo Maseda – José Manuel Lamela → | |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica, política |
Farmacéutica e enxeñeira técnico forestal,[1] é presidenta dunha asociación de produtores de madeira. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidata de TEGA ao concello do Valadouro e foi elixida concelleira. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura Unión Democrática Independente do Valadouro (Udival),[2] e volveu ser elixida concelleira. Udival non presentou candidatura ás municipais de 2015.[3]
Udival volveu presentarse ás municipais de 2019 encabezada por María José Fernández,[4] que volveu ser elixida concelleira.
Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura de Udival e a pesar de ser a única elixida da lista, foi investida alcaldesa co apoio do PSdeG-PSOE e BNG.[5]
O 10 de setembro de 2024 anunciou a súa renuncia á alcadía e amosou o seu apoio ao cabeza de lista do PP, José Manuel Lamela, como novo alcade de concello.[6][7][8] O 13 de setembro, fixo efectiva a renuncia nun pleno extraordinario, despois de destituír os concelleiros que formaban parte so seu goberno, do PSdeG-PSOE e BNG, ata ese momento e anunciou o seu apoio como alcalde ao cabeza de lista do PP, Jose´Manuel Lamela, que fora o candidato máis votado anteriormente,[9] e que tomou posesión do cargo o 19 de setembro de 2024.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.