avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Eugenio de Neira Pol, nado en Vilafranca do Bierzo en 1925 e finado en Lugo o 20 de febreiro de 2014, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Vilafranca, España |
Morte | 20 de febreiro de 2014 (88/89 anos) Lugo, España |
Alcalde de Becerreá | |
1958 – 1964 ← Jesús Rodríguez Pérez – Eduardo Rosón Pérez → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Familia | |
Fillos | Nieves Neira |
Fillo de Eugenio Neira Bello, criouse en Pacios. Licenciado en Dereito en 1949, exerceu como avogado en Becerreá. Foi nomeado alcalde de Becerreá en 1958, tomando posesión o 6 de febreiro.[1] Cesou no cargo en 1964. Nas eleccións xerais de 1977 presentouse como candidato ao Senado polo Partido Socialista Popular. Na transición defendeu a sindicalistas e militantes de esquerdas. Colaborou en El Progreso. Primo de Uxío Novoneyra, escribiu un artigo sobre el no Anuario Brigantino,[2] e foi vicepresidente da Fundación Uxío Novoneyra.
Predecesor: Jesús Rodríguez Pérez |
Alcalde de Becerreá 1958 - 1964 |
Sucesor: Eduardo Rosón Pérez |
Casou con María Aurora Roca Pardo e foi pai de Nieves Neira Roca.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.