empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Mirás Franqueira, nado en Ordes en 1956,[1] é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Ordes, España |
Senador de España | |
5 de novembro de 2021 – 29 de maio de 2023 | |
Alcalde de Oroso | |
2002 – 2021 – Luís Rey Villaverde → | |
Alcalde de Oroso | |
1991 – 1993 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Oroso |
Ocupación | empresario , político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Centro Democrático y Social |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Titular dunha asesoría. Foi candidato á alcaldía de Oroso polo PSdeG-PSOE en 1983, sendo a partir de entón concelleiro. Repetiu en 1987, apoiando a moción de censura que fixo alcalde a Eugenio Neira en 1989, sendo ademais deputado provincial entre 1990 e 1991. Foi elixido alcalde de Oroso en 1991, mediante un pacto coa CNG, rotándose na alcaldía co candidato desa formación, Carlos Noya Fernández, que a ocupou a partir de abril 1993. En 1995 os membros da CNG concorreron integrados na lista do PSdeG, con Noya como candidato e volvendo a ser elixido concelleiro, se ben perderon a alcaldía en favor do PP. En 1999 volveu a se-lo candidato socialista, continuando na oposición, sendo elixido novamente deputado provincial.
En abril de 2002 volveu ser elixido alcalde de Oroso ao triunfar unha moción de censura contra o popular Eugenio Neira García grazas ao apoio de dous tránsfugas do PPdeG,[2] polo cal foi expulsado do PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 2003 foi o candidato do CDS á alcaldía de Oroso e foi reelixido alcalde, obtendo maioría simple e gobernando en coalición co CDI, por onde concurrían o seu anterior compañeiro de filas Carlos Noya e os exconcelleiros populares que o apoiaran na moción de censura.
En 2006 regresou ao PSdeG-PSOE, e nas municipais de 2007 foi o candidato á alcaldía por esta formación[3] e foi reelixido alcalde, gobernando co concelleiro do BNG José Manuel Pérez Penas. Nas municipais de 2011 volveu ser relixido alcalde polo PSdeG-PSOE logrando a maioría absoluta, ao igual que en 2015. A finais dese mesmo ano foi elixido vicepresidente executivo da FEGAMP. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía,[4] tras gañar e gobernar cunha concelleira do BNG. En maio de 2021 renunciou á alcaldía, sendo substituído polo seu compañeiro Luís Rey Villaverde.[5] En novembro de 2021 tomou posesión como senador trala renuncia de Antonio Vázquez Lorenzo,[6] do cal era o seu suplente nas xerais do 2019.
Predecesor: Eugenio Neira García |
Alcalde de Oroso 1991 - 1993 |
Sucesor: Carlos Noya Fernández |
Predecesor: Eugenio Neira García |
Alcalde de Oroso 2002 - 2021 |
Sucesor: Luís Rey Villaverde |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.