mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Martínez Núñez,[1] nado en Baralla o 12 de setembro de 1954, é un mestre e político galego do partido Galicia Sempre.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1954 (70 anos) Baralla |
Alcalde de Becerreá | |
2007 – ← Antonio Fernández Pombo | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
9 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , mestre |
Partido político | Galicia Sempre |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
É diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía. Vinculado ao PSdeG-PSOE dende 1979, foi deputado no Congreso dos Deputados na III e IV lexislaturas (entre 1986 e 1993).[2]
A nivel local foi concelleiro de Becerreá entre 1995 e 2007, ano en que pasou a ser alcalde nas listas do PSdeG-PSOE. Revalidou o cargo en 2011 e 2015, este ano con maioría absoluta. Para as eleccións municipais de 2019 creou un partido ao redor da súa persoa, Galicia Sempre,[3][4] co que acadou a maioría absoluta na alcaldía de Becerreá.[5] Nas eleccións municipais de 2023, malia gañar con 5 concelleiros por 4 do PP e 2 do BNG, baixou 2 concelleiros e perdeu a maioría absoluta anterior.[6] Conseguiu ser alcalde mais os grupos da oposicíón xuntaron os seus votos para deixalo sen adicación exclusiva e, por tanto, sen soldo.[6]
Entrou a formar parte da Deputación de Lugo en 1999 e foi deputado provincial polo partido xudicial de Lugo, na que ocupou a Área de Infraestruturas e Obras.[7]
En 2015, tras un veto do BNG a que se convertese en presidente da Deputación, o PSdeG-PSOE designou como candidato a Darío Campos, alcalde da Pontenova. Diante desa circunstancia, Martínez votouse a si mesmo na primeira volta e na segunda votou en branco, o que facilitou que o PPdeG acadase a presidencia da Deputación de Lugo na persoa de Elena Candia.[8] Aos catro meses, volveu á disciplina socialista e facilitou unha moción de censura para que Darío Campos se convertese en presidente da Deputación e el mesmo en vicepresidente e responsable de Vías e Obras.[9] Posteriormente, abandonou o PSdeG-PSOE por segunda vez, quedando como deputado non adscrito.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.