político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Lagares Pérez, nado en Betanzos o 29 de agosto de 1947, é un político galego membro do PSdeG e anterior alcalde de Betanzos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1947 (77 anos) Betanzos, España |
Alcalde de Betanzos | |
1985 – 2007 ← Antolín Sánchez Presedo – María Dolores Faraldo → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Fillo de Manuel Lagares García e neto de Antonio Lagares Gómez. É profesor de ensino secundario, especializado en matemáticas e en ciencias naturais a través do Instituto de Ciencias da Educación e da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
En 1983 presentouse na lista do PSdeG-PSOE para o Concello de Betanzos, que encabezaba Antolín Sánchez Presedo. A vitoria electoral, por maioría absoluta, derivou no seu nomeamento coma primeiro tenente de alcalde da corporación municipal, para posteriormente acadar o cargo de alcalde trala dimisión de Sánchez Presedo en 1985.
Presentaríase ás eleccións municipais, xa coma cabeza de lista, nos anos 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, sendo reelixido en todos eles por maioría absoluta agás no 2003, no que tivo que formar goberno en coalición co Bloque Nacionalista Galego. En 2007 segue a perder votos, e ten que abandonar o posto de alcalde logo dun pacto entre o Partido Popular e Cidadáns por Betanzos. En novembro dese ano renuncia á súa acta de concelleiro e retírase da vida política, sendo substituído á fronte da portavocía socialista por Ramón García Vázquez.
Foi presidente da Federación de Concellos Galegos ata a súa fusión coa FEGAMP en 1996, sendo dende entón ata 2007 o seu vicepresidente primeiro. Tamén foi vogal na Federación Española de Municipios e Provincias.
Casou con María Luz Luces Vázquez e é pai de José, María e Javier Lagares Luces.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.