serie de televisión estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Maniac é unha serie de televisión de ciencia ficción psicolóxica que foi estreada o 21 de setembro de 2018 en Netflix. Está baseada na serie de televisión norueguesa homónima de Espen PA Lervaag, Håakon Bast Mossige, Kjetil Indregard e Ole Marius Araldsen. A serie, creada por Patrick Somerville e dirixida por Cary Joji Fukunaga, conta como dous descoñecidos experimentan unha conexión durante unha proba farmacéutica de curación mental. Está protagonizada por Emma Stone, Jonah Hill, Justin Theroux, Sonoya Mizuno, Gabriel Byrne e Sally Field.
Formato | Ciencia ficción, drama psicolóxico, comedia negra. |
---|---|
Creado por | Patrick Somerville |
Desenvolvido por |
|
Dirixido por | Cary Joji Fukunaga |
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Dan Romer |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 10 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Cámara | Cámara única |
Duración | 26-47 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 21 de setembro de 2018 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80124522 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie foi anunciada de xeito oficial en marzo de 2016, e Netflix ordenou a produción ese mesmo mes. Logo da súa estrea, a serie recibiu moi boas valoracións da crítica, con louvanzas ó seu estilo visual, dirección e interpretación, especialmente as actuacións de Stone e Hill.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.