![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Magnetar-3b-450x580.gif/640px-Magnetar-3b-450x580.gif&w=640&q=50)
Magnetar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un magnetar é unha estrela de neutróns cun campo magnético extremadamente intenso, que emite radiacións electromagnéticas de alta enerxía, como os raios X e os raios gamma. Os astrónomos Robert Duncan e Christopher Thompson postularon a súa existencia en 1992, e na década que seguiu foi aceptada como unha explicación plausible para iniciadores de raios gamma suaves e púlsares X anormais. En 2004 rexistrouse a explosión do magnetar SGR 1806-20: a enerxía liberada afectou á atmosfera superior da Terra cando se atopaba a 50 000 a.l. (o que significa que a explosión tivo lugar hai uns 50 000 anos).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Magnetar-3b-450x580.gif/320px-Magnetar-3b-450x580.gif)