![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/87/Madura_locator.png/640px-Madura_locator.png&w=640&q=50)
Madura
From Wikipedia, the free encyclopedia
Madura é unha illa indonesia da costa nordés da illa de Xava. A illa comprende unha superficie de aproximadamente 4.078´67 km² (administrativamente 5.168 km² incluíndo varias illas máis pequenas ao leste e ao norte). Madura adminístrase como parte da provincia East Java. Está separada de Xava polo estreito de Madura. A área administrada ten unha densidade de 702 persoas por km², mentres que a da propia illa (3.630.000 persoas no ano 2012) é maior 817 hab./km², a maioría de etnia e lingua maduresa, que é utilizada tamén noutras 66 illas próximas.
Datos rápidos Situación, País ...
Madura | |
---|---|
![]() | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Xava oriental |
Arquipélago | Illas da Sonda |
Mar | Océano Índico |
Coordenadas | 7°0′S 113°20′L |
Xeografía | |
Superficie | 4.078´67 km² |
Punto máis alto | 471 m. |
Demografía | |
Capital | Bangkalan |
Poboación | 3.630.000 (censo 2012) |
Densidade | 817 hab./km² |
Pechar
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Madura_bull_racing_1999.jpeg/640px-Madura_bull_racing_1999.jpeg)