MPlayer
From Wikipedia, the free encyclopedia
MPlayer é un reprodutor de medios libre e de código aberto que destaca pola súa capacidade para reproducir unha enorme variedade de formatos de vídeo. A súa versión máis recente é a 1.0rc2. Está dispoñible para os sistemas operativos máis importantes, entre os cales están GNU/Linux e outros sistemas baseados en Unix, FreeBSD, Mac OS X e Windows. Tamén conta con versión para OS/2, Syllable, AmigaOS e MorphOS, e pódese utilizarse a versión de Windows en DOS con HX DOS Extender, aínda que con algúns erros pouco importantes. Existe tamén un porte a DOS con DJGPP. Apareceu tamén unha versión para a canle Homebrew da Wii.
MPlayer | |
---|---|
Captura de pantalla do MPlayer en GNOME reproducindo a curtametraxe de animación libre Elephant's Dream. | |
Desenvolvedor(es) | Equipo do MPlayer |
Última versión | 1.0rc2 (7 de outubro do 2007) |
Repositorio | svn://svn.mplayerhq.hu/mplayer/trunk, git://git.videolan.org/ffmpeg.git |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Tipo | Reprodutor de medios |
Licenza | GPL |
Sitio web | www.mplayerhq.hu |
Un programa asociado, o MEncoder, pode converter un ficheiro ou fluxo entrante a diversos formatos de saída, aplicando de paso algunhas transformacións opcionais.