Mónica Rodríguez Ordóñez
política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Mónica Rodríguez Ordóñez, nada en Calo (Vimianzo) o 2 de agosto de 1977, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1977 (47 anos) Calo, España |
Alcaldesa de Vimianzo | |
2019 – ← Manuel Antelo Pazos | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Técnica de administración nunha construtora familiar. Nas eleccións municipais de 2011 foi candidata de Independientes por Vimianzo, formación encabezada polo seu tío e ata entón alcalde socialista Alejandro Rodríguez Lema, sendo elixida concelleira. A derrota da formación ante o BNG supuxo que Rodríguez Lema non recollese a súa acta como concelleiro, polo que asumiu a portavocía do grupo. Nas municipais de 2015 encabezou a lista de Independientes por Vimianzo,[1] e volveu ser elixida concelleira.
En xullo de 2018 os independentes regresaron ao PSdeG-PSOE, polo que nas municipais de 2019 encabezou a candidatura socialista e foi elixida alcaldesa tras logra-la vitoria por maioría simple. Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa ó lograr unha ampla maioría absoluta cun 72 % dos votos e 10 concelleiros dun total de 13. Nese mandato foi elixida deputada provincial.
Predecesor: Manuel Antelo Pazos |
Alcaldesa de Vimianzo 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.