From Wikipedia, the free encyclopedia
Mária Telkes, nada en Budapest o 12 de decembro de 1900 e finada o 2 de decembro de 1995, foi unha física e química húngara, pioneira e inventora que traballou en tecnoloxías de enerxía solar.[1] Trasladouse aos Estados Unidos de América logo de obter o seu doutoramento en fisicoquímica.
(1956) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (hu) Telkes Mária Terézia Zsófia 12 de decembro de 1900 Budapest, Hungría |
Morte | 2 de decembro de 1995 (94 anos) Granada, Caribe |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Hungría Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Eötvös Loránd (–1920) |
Actividade | |
Campo de traballo | Termoeletricidade (pt) |
Ocupación | química , biofísica , inventora |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Interesada en | Enerxía renovable |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Parentes | Simon Telkes (en) (avó) |
Premios | |
Telkes traballou como biofísica nos Estados Unidos, e de 1939 a 1953, investigou sobre a enerxía solar no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
Telkes é coñecida por inventar o primeiro xerador termoeléctrico en 1947, e deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, Massachusetts deseñada por Eleanor Raymond,[2][3][4] e o primeiro refrixerador termoeléctrico en 1953.
Foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, incluíndo unha unidade portátil de desalinización para uso en botes salvavidas, que utilizan enerxía solar e condensación para obter auga potable por destilación solar.[1]
Telkes é considerada unha das fundadoras dos sistemas de almacenamento de enerxía solar, por ese motivo foi chamada a "raíña solar".[1] Mudouse a Texas nos 70 e asesorou moitas compañías pioneiras no campo da enerxía solar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.