From Wikipedia, the free encyclopedia
O líquido cefalorraquídeo ou cerebroespiñal, coñecido como LCR, é un líquido que se dispón ao redor do cerebro e da medula espiñal. Circula polo espazo subaracnoide, os ventrículos cerebrais e a canle medular central. É de cor transparente e non coagulable.
O líquido cefalorraquídeo pode enturbarse pola presenza de leucocitos ou a presenza de pigmentos biliares. Numerosas enfermidades alteran a súa composición e o seu estudo é importante. Con frecuencia é determinante nas infeccións menínxeas, carcinomatoses e hemorraxias. Tamén é útil no estudo das enfermidades desmielinizantes do sistema nervioso central ou periférico. É unha proba diagnóstica no Creutzfeld-Jacob.
O líquido cefalorraquídeo ten 3 funcións vitais importantes:
O LCR é producido nun 70% nos plexos coroides dos catro ventrículos cerebrais, sobre todo os laterais e 30% no epéndimo a razón de 0.35 ml/minuto ó 500 ml/día. Un adulto ten 150 ml deste e renóvase cada 3 ou 4 horas. A eliminación do líquido cefalorraquídeo, levada a cabo a través das vilosidades aracnoides, proxección das células da aracnoide sobre os seos vasculares que alberga a duramáter. Estes seos desembocarán directamente no torrente sanguíneo. Na rexión máis anterior do cerebro está o espazo subaracnoide dos lóbulos olfactorios, que se continúa cun espazo ó redor dos nervios olfactorios (por tanto, queda moi preto da mucosa olfatoria e do espazo aéreo do nariz). Desde esta rexión pasa ós ganglios linfáticos.
O fluído cerebroespiñal está composto por: sodio, potasio, calcio, cloro, sales inorgánicas (fosfatos) e compoñentes orgánicos (glicosa).
A circulación do líquido cefalorraquídeo comeza nos ventrículos laterais, continúa cara ó terceiro ventrículo e logo transcorre polo acueduto cerebral (acueduto de Silvio) ata o cuarto ventrículo. Desde alí flúe, a través dun conxunto de buratos (un central (de Magendie) e dous laterais (de Luschka), ó espazo subaracnoide, que cobre o sistema nervioso central. Por último, o líquido incorpórase ó torrente sanguíneo.
Todas as superficies ependimarias dos ventrículos e as membranas aracnoides secretan cantidades adicionais de líquido e unha pequena cantidade provén do propio encéfalo, a través dos espazos perivasculares que rodean os vasos sanguíneos que ingresan no encéfalo. O líquido secretado nos ventrículos laterais e no terceiro ventrículo diríxese ó longo do acueduto de Silvio ata o cuarto ventrículo, onde se agrega outra pequena cantidade de líquido. Logo abandona o cuarto ventrículo a través de tres pequenas aberturas laterais, dous buratos de Luschka laterais e o burato de Magendie na liña media, que ingresan na cisterna magna, un gran depósito de líquido situado por detrás do bulbo raquídeo e por baixo do cerebelo.
A cisterna magna continúase co espazo subaracnoide que rodea todo o encéfalo e a medula espiñal. Logo, case todo o líquido cefalorraquídeo flúe a través deste espazo cara ó cerebro. Desde os espazos subaracnoides cerebrais, o líquido flúe nas múltiples vilosidades ou granulacións aracnoides que se proxectan no gran seo venoso saxital e outros seos venosos. Por último, baléirase no sangue venosa a través das superficies das vilosidades.
Pódese obter, por punción lumbar, por punción cisternal, ou por punción ventricular. A obtención deste líquido é importante debido a que é un importante elemento de diagnóstico de enfermidades neurolóxicas, como poden ser as síndromes menínxeas, as hemorraxias subaracnoides, os tumores cerebroespiñales etc. Para a punción lumbar utilízase unha agulla de aproximadamente 10 cm. O paciente pode estar sentado ou deitado. A punción realízase entre a cuarta e a quinta vértebras lumbares, e tan só se espera a que comece a gotear este líquido. Ademais, mentres o paciente se atopa punzado, é posible medir a presión deste líquido coa utilización dun manómetro. Para a punción cisternal, o único que debe cambiarse é a posición do paciente, o cal si debe estar sentado, e ademais con hiperflexión cervical, xa que a agulla é introducida no espazo occipitoatloide. Varía de acordo onde se coloque o sistema de medición (anatomía); á posición do paciente ó momento do rexistro e á idade.
A presión normal depende da posición do paciente durante a súa toma así como a idade. Tomando como base descritiva á punción lumbar damos como exemplo:
Posición sentada:
Decúbito lateral (tendido a un costado):
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Líquido cefalorraquídeo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.