Licénidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os licénidos (Lycaenidae) é a segunda familia máis numerosa de bolboretas despois dos ninfálidos, cunhas 6.000 especies de todo o mundo,[1] que constitúen arredor do 30% de todas as especies de bolboretas coñecidas.
Lycaenidae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phengaris arion | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
e ver texto |
A familia está dividida tradicionalmente nas sufamilias Polyommatinae, Lycaeninae, Theclinae e Miletinae; outros autores inclúen as Lipteninae, Liphyrinae, Curetinae e Poritiinae, e algunhas autoridades tamén inclúen a familia Riodinidae como subfamilia dentro de Lycaenidae.[2]
Os adultos son pequenos, de menos de 5 cm normalmente, e de rechamantes cores, ás veces con brillo metálico.
As larvas están a miúdo aplanadas en vez de ter forma cilíndrica, e teñen glándulas que producen secrecións que atraen e dominan as formigas. As súas cutículas tenden a estar engrosadas. Algunhas larvas poden producir vibracións e sons que se transmiten polos substratos nos que viven. Usan estes sons para comunicarse coas formigas.[3][4]
Os individuos adultos adoitan ter colas pelosas similares a antenas e pintas brancas e negras. Moitas especies teñen tamén unha mancha na base da cola e algunhas xíranse ao pousarse para confundir a potenciais predadores e evitar que recoñezan a verdadeira orientación da cabeza.[5]