Lontra
É un animal mamífero pertencente á orde Carnivora e á familia dos mustélidos. / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lontra[1] ou londra[2] (Lutra lutra) é un animal mamífero pertencente á orde Carnivora e á familia dos mustélidos. Ten unha distribución principalmente euroasiática, incluíndo Galicia. É o membro da subfamilia das lontras (Lutrinae) de máis ampla distribución, e encóntrase en vías fluviais e costas de Europa, moitas partes de Asia e partes do norte de África. Come principalmente peixes e é fortemente territorial. Está en perigo en parte da súa área de distribución, pero está recuperándose noutras. Non se debe confundir coas lontras americanas do xénero Lontra, actualmente clasificadas separadas do xénero do Vello Mundo Lutra, ao que pertence esta especie.[3]
Non confundir con Lontra (xénero).
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Lontra | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Lutra lutra' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución Lutra lutra | |||||||||||||||||||||||||
Distribución da especie |
Pechar