familia de peixes From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Lutiánidos (Lutjanidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Aleta dorsal continua, con 10-12 espiñas e 10-17 raios brandos; anal con tres espiñas e 10-17 raios brandos; pélvicas cunha espiña e 5 raios brandos, inseridas á altura das pectorais.
Boca terminal, de tamaño moderado a grande, algo protráctil. Dous orificios olfactorios a cada lado. Preopérculo normalmente aserrado.
Poden alcanzar unha lonxitude máxima de 1 m.
A maioría das especies son depredadores de crustáceos e peixes, aínda que tamén as hai planctívoras.
A familia divídese en catro subfamilias con 17 xéneros e 103 especies:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lutiánidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lutiánidos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.