Lucerna
cidade de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade de Suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucerna (en alemán Luzern, en francés Lucerne, en italiano e romanche Lucerna) é unha cidade da Suíza central, capital do cantón de Lucerna. A cidade levántase á beira do Lago dos Catro Cantóns (Vierwaldstättersee), cunha famosa ponte de madeira (a Kapellbrücke) e á vista dos montes Pilatus e Rigi. Cunha poboación de 81.592 habitantes (2016), Lucerna é a oitava cidade de Suíza.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Luzern (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Cantón de Lucerna | ||||
Distrito electoral | City of Lucerne Constituency (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 81.691 (2018) (2.184,25 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 37,4 km² | ||||
Bañado por | Rio Reuss (pt) , Lago dos Quatro Cantões (pt) e Kleine Emme (en) | ||||
Altitude | 436 m | ||||
Comparte fronteira con | Adligenswil Emmen (pt) Horw (pt) Meggen (pt) Ennetbürgen (pt) Neuenkirch (pt) Kriens (pt) Malters Ebikon (pt) Stansstad (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Leodegar (en) e Mauricio de Tebas | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Beat Züsli (pt) (2016–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6000, 6014, 6002, 6003, 6004, 6005, 6006, 6007, 6009 e 6015 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 041 | ||||
Código de municipio suízo | 1061 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Identificador | ISOS 2536 | ||||
Páxina web | stadtluzern.ch | ||||
Lucerna atópase localizada na ribeira superior do Lago dos Catro Cantóns, o cal desauga no río Reuss. A cidade limita ao norte coas comunas de Emmen e Ebikon, ao leste con Adligenswil e Meggen, ao sur con Horw, e ao oeste con Kriens e Littau.
Grazas ao enclave situado no cantón de Nidwalden, limita tamén coas comunas de Ennetbürgen e Stansstad no cantón de Nidwalden, e Weggis no cantón de Lucerna.
A cidade xurdiu dun pequeno pobo localizado á beira do Lago de Lucerna que foi fundado trala creación dun mosteiro no ano 700. O nome latino Luciaria aparece por primeira vez nos rexistros históricos no ano 840. Séculos máis tarde, baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico, conseguiría o status de inmediación imperial e ser un importante membro da Antiga Confederación Suíza.
Tras a Reforma protestante do século XVI moitas cidades suízas pasaron a abrazar a nova corrente do cristianismo, mais Lucerna permaneceu fiel á fe católica. Os protestantes, que dominaban a Confederación Suíza ao controlar enclaves tan importante coma Zürich, Berna ou Basilea derrotaron aos católicos na guerra de Vilmerg en 1712, co que Lucerna perdeu a súa posición de control na Confederación.
O 17 de xuño de 2007 os habitantes de Lucerna e os da veciña vila de Littau acordaron en referendo a fusión de ambos os concellos, con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2010. O novo concello, que de momento segue a chamarse Lucerna, posúe 76.000 habitantes. Con este resultado, agárdase facilitar o camiño para as negociacións con outras cidades e pobos próximos nun esforzo por crear un sistema unificado de cidade-rexión.
As propostas culturais de Lucerna van dende a cultura máis clásica á cultura alternativa, habendo espazos habilitados especificamente para acoller actos de ambas as dúas opcións. É sonado o seu entroido cara a fins do inverno e o seu Festival de Blues no mes de xullo.
Lucerna é a cidade das pontes, que permiten salvar o río Reuss. A máis sonada é a Kapellbrücke (Ponte da Capela). Datada en 1333 e con 204 metros de lonxitude, é a ponte de madeira máis vella de Europa e unha das principais atraccións turísticas de toda Suíza. No centro da mesma érguese a Wasserturm (Torre da Auga), unha torre octogonal construída posiblemente antes que a ponte e que foi arquivo da cidade, torre de vixilancia, cámara do tesouro e mesmo prisión e cámara de tortura. Hoxe en día, acolle tendas de souvenirs e o local da asociación de artillaría de Lucerna.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucerna |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.