Luís Bouza-Brey Trillo

avogado, escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Luís Bouza-Brey Trillo, nado en Vilagarcía de Arousa o 1 de agosto de 1905 e finado no mesmo concello o 23 de marzo de 1980[1], foi un avogado, escritor e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Luís Bouza-Brey Trillo
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1905
Vilagarcía de Arousa, España
Morte23 de marzo de 1980 (74 anos)
Vilagarcía de Arousa, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónavogado, escritor, político
Partido políticoPartido Galeguista
Familia
FillosLuís Bouza-Brey Villar, Gonzalo Bouza-Brey
PaiLuís Bouza Trillo
IrmánsFermín Bouza-Brey

Pechar

Traxectoria

Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integrouse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía, foi absolto, pero cunha proposta de sanción económica.[2] Houbo de repetirse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites".[3] Estivo preso na Illa de San Simón.

Exerceu a avogacía en Vilagarcía. Colaborou en La Noche e foi académico correspondente da Real Academia Galega desde 1964.

Obras

  • Obra completa, Sada: Do Castro, 2002.

Vida persoal

Casou con Celia Villar Padín e foi pai de Luís, Carlos e Gonzalo Bouza-Brey Villar.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.