![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/Lori_Barbero.jpg/640px-Lori_Barbero.jpg&w=640&q=50)
Lori Barbero
música estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lori Barbero, nada en Minneapolis (Minnesota) o 27 de novembro de 1961, é unha música estadounidense. Foi a batería da banda de riot grrrl Babes in Toyland. Tocou tamén nas bandas Eggtwist e Koalas.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1961 ![]() Minneapolis, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Minnesota (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | música ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
Foi tamén unha das propietarias do agora desaparecido selo de Minneapolis Spanish Fly Records, que contaba con bandas como Smut, Dumpster Juice, Milk, REO Speedealer, Sleep Capsule e Likehell.
Lori aparece no documental 1991: The Year Punk Broke, que se centra na xira europea de finais de 1991 de Nirvana e Sonic Youth, e no que tamén aparece Babes in Toyland interpretando o tema "Dust Cake Boy".
Na actualidade traballa no Hole in the Wall en Austin (Texas) como camareira de cócteles.