![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/86/Lorem_ipsum_design.svg/langgl-640px-Lorem_ipsum_design.svg.png&w=640&q=50)
Lorem ipsum
texto sen sentido empregado en deseño gráfico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lorem ipsum é o texto que se usa habitualmente en deseño gráfico en demostracións de tipografías ou de bosquexos de deseño para probar o deseño visual antes de inserir o texto final. O texto en si non ten sentido, senón que deriva dun texto en lingua latina de Cicerón, a cuxas palabras se lles eliminaron sílabas ou letras. O significado do texto non ten importancia, posto que só é unha demostración ou proba na cal importa o aspecto tipográfico e da maquetación.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/86/Lorem_ipsum_design.svg/640px-Lorem_ipsum_design.svg.png)