Lordi é unha banda de hard rock/heavy metal (influenciada polas películas do xénero de terror e a banda estadounidense Kiss) con toques de teatro melódico procedente de Finlandia fundada en 1992 e gañadora do Festival de Eurovisión 2006.
"G-Stealer" (Sami Keinänen) - baixo (1996 - 1999). Primeiro baixista de Lordi. Estivo cando en Lordi só estaban: Lordi, Enary e Amen. O seu traxe era como o antigo de Kita. Foise porque lle ofreceron traballo en Inglaterra. Case non hai fotos del nin información, aínda que na biografía de Lordi (Mie Oon Lordi) hai fotos e bastante información de G-Stealer.
"Enary" (Erna Siikavirta) - teclado (1997 - 2005). Deixou o grupo para dedicarse á música clásica. A "carta de despedida" é a canción "Magistra Nocte".
"Magnum" (Sami Wolking) - baixo (1999 - 2002). Este foi o segundo baixista que tivo Lordi, foise antes de que fixesen o seu primeiro disco, "Get Heavy". Todas as cancións deste disco interpretounas Magnum no baixo. No libro de letras de "Get Heavy", ao final, onde os compoñentes agradecen, hai unha foto de Magnum nunha esquina e pon: "For Magnum" ("Para Magnum"). Magnum sae no vídeo "Would you love a monsterman?" porque Kalma aínda non estaba no grupo
"Kalma" (Niko Hurme) - baixo (2002 - 2005). Retirouse por problemas familiares, o seu substituto, OX, é un moi bo amigo seu e Kalma fixo un testamento onde conta todos os detalles deste "cambio de baixo". Kalma colaborou no último disco de Lordi e aparece nalgúns concertos con eles. O baixo que agora usa OX é o anteriormente usado por Kalma.
Lordi, representando a Finlandia, gañou o Festival da Canción de Eurovisión do ano 2006 coa canción "Hard Rock Hallelujah", seguidos por Dima Bilan de Rusia e Hajrudin Varešanović Hari Varešanović de Bosnia e Hercegovina. Con todo, Lordi gañou por unha diferenza de máis de corenta puntos; en total obtiveron 292 puntos, a cifra máis alta na historia do certame.
A presidenta da unión grega de bares e restaurantes, Niki Kostantinidou, fixo unha petición pública á xente de Finlandia e Grecia para non permitir que Lordi participase no festival por consideralo un grupo satánico. Con todo, Lordi respondeu a estas acusacións indicando que as súas máscaras e os seus traxes forman parte da súa identidade musical pero non teñen que ver co satanismo, e que un grupo de satanistas non escribiría cancións tales como "Hard Rock Hallelujah" ou "Devil is a Loser", aínda que admiten que tampouco son unha banda de "anxos". Ademais destes problemas coa súa indumentaria e temas relixiosos, ao redor de dúas semanas antes estivo tamén no aire a participación do grupo no concurso europeo; isto foi debido ao alto custo do espectáculo, que incluía fogos artificiais entre outras cousas, que a cadea publica de radiotelevisión finlandesa, YLE, non podía asumir. Chegouse a facer ata unha petición popular de diñeiro para sufragar este gasto, que ao final foi asumido entre YLE e varios grupos privados.
A celebración da vitoria de Lordi en Eurovisión tivo lugar o día 26 de maio na praza do mercado, Kauppatori, de Helsinqui ante máis de 100.000 persoas. Foi un gran concerto e entre outros actos tivo lugar un karaoke multitudinario coa canción gañadora e a presidenta Tarja Halonen entregou aos compoñentes do grupo a chave da cidade. Tamén participaron outros grupos de música finlandeses como PMMP ou Kilpi.