From Wikipedia, the free encyclopedia
Logan Hunter Sargeant, nado en Fort Lauderdale (Florida) o 31 de decembro de 2000, é un piloto de automobilismo estadounidense.[1][2] que compite na Fórmula Un para Williams Racing. Previamente competiu no Campionato da FIA de Fórmula 2 de 2022 pilotando para Carlin Motorsport, quedando cuarto na xeral da clasificación. É o irmán menor do antigo piloto de NASCAR Dalton Sargeant.
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 2000 (23 anos) Fort Lauderdale, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Páxina web | logansargeant.com |
Sargeant comezou a súa carreira en karting en 2008. No seu primeiro ano, competiu na Rotax Micro Max Class en campionatos rexionais e nacionais, rematando terceiro na Florida Winter Tour e na Rotax Max Challenge USA. Sargeant máis tarde moveuse a Europa, onde competiu na ROK Cup International Final, Trofeo Delle Industrie, e WSK Euro Series.[3]
En 2015, Sargeant gañou o CIK-FIA World KFJ Championship, converténdose no primeiro estadounidense en gañar o título FIA Karting World Championship dende Lake Speed en 1978.[4][5] Sargeant asegurou o seu primeiro campionato sénior de karting na WSK Champions Cup de 2016, onde competiu na clase OK.[6]
No inverno de 2016-17, Sargeant fixo o seu debut en monoplazas na Formula 4 UAE Championship con Team Motopark. Malia non gañar ningunha carreira, rematou no podio en 15 de 18 carreiras e rematou segundo no campionato detrás do seu compañeiro Jonathan Aberdein.[7] En 2017, Sargeant firmou con Carlin para competir na F4 British Championship.[8] Conseguiu 10 podios en 30 carreiras, incluíndo dúas vitorias en Rockingham e Silverstone, e rematou terceiro no campionato detrás de Oscar Piastri e do seu compañeiro e campión Jamie Caroline.[2]
En 2018, Sargeant cambiou para a Formula Renault Eurocup con R-ace GP.[9] Gañou a primeira carreira da tempada en Circuit Paul Ricard e máis tarde gañou en Nürburgring e na última carreira da tempada no Circuíto de Barcelona-Cataluña.[10][11] Con 218 puntos, Sargeant rematou cuarto no campionato por detrás de Ye Yifei, Christian Lundgaard e o seu compañeiro de equipo e campión Max Fewtrell, e por diante de compañeiros como Victor Martins e Charles Milesi. Sargeant foi o segundo mellor novato da tempada, detrás de Lundgaard.[12]
Sargeant volveu a Carlin para participar no 2019 FIA Formula 3 Championship, unindose a Teppei Natori e ao futuro rival Felipe Drugovich na Formula 2 no equipo.[13] Sargeant conseguiu puntos en catro ocasións, quedando oitavo no Circuit Paul Ricard e no Hungaroring. Rematou a tempada 19no no campionato con cinco puntos; Drugovich e Natori conseguiron oito e un punto respectivamente.
Ao final de 2019 Logan competiu en Macau Grand Prix. Clasificou décimo, por diante dos seus compañeiros Drugovich e Dan Ticktum.[14] Na carreira de clasificación, viuse involucrado nun accidente na primeira volta con Arjun Maini que deixou a Maini, Jake Hughes e Enaam Ahmed fora da carreira. Sargeant esquivou os danos e rematou 6to a carreira.[15] Rematou a carreira principal no podio en terceira posición, detrás de Jüri Vips e do gañador Richard Verschoor.
Na tempada de 2020, Sargeant cambiou ao vixente equipo campión Prema Racing, sendo compañeiro de Frederik Vesti e do seu rival na F4 Británica Oscar Piastri.[16] Conseguiu 2 podios en Red Bull Ring e outro podio dende a pole position na first Silverstone feature race. Conseguiu a súa primeira vitoria na FIA F3 second feature race at Silverstone, outra vez dende a Pole Position, o que o deixou liderando o campionato.[17] Conseguiu unha terceita pole consecutiva en Barcelona-Cataluña e rematou terceiro na carreira principal, tendo o liderado do campionato na rolda 6 de 9.
A seguinte vitoria de Sargeant chegou en the next round at Spa-Francorchamps, onde gañou a carreira sprint e extendou a súa vantaxe de puntos con Piastri.[18] Como sexa, as colisións con Clément Novalak e co compañeiro Vesti en Monza Circuit deixouno sen puntos nesas carreiras e cunha penalización na grella para a carreira final. Unha sexta praza na carreira principal de Mugello deixouno empatado con Piastri en 160 puntos a falta dunha última carreira, pero un contacto con Lirim Zendeli na primeira volta deixouno sen opcións de gañar o título mentres Piastri o gañaba. Théo Pourchaire rematou no podio, deixando a Sargeant terceiro no campionato, un punto detrás de Pourchaire e catro detrás de Piastri.[19]
En outubro de 2021, a fin de semana do Gran Premio dos Estados Unidos, Sargeant anunciou que se uniría á Williams Driver Academy.[20][21] Probou por primeira vez coa máquina da F1 na proba de postemporada pilotando o Williams FW43B no circuíto de Yas Marina.[22] Describiu a súa primeira vez nun coche de F1 como unha "experiencia única na vida".[23]
Sargeant fixo o seu debut na Fórmula 1 con Williams no Gran Premio dos Estados Unidos de 2022.[24] Foi o primeiro piloto estadounidense en participar nunha sesión de fin de semana desde Alexander Rossi en 2015. No seu debut nos adestramentos libres, Jost Capito, o director do equipo Williams, declarou que o seu debut "foi un pracer e unha presión para Sargeant".[25] Sargeant volveu pilotar o Williams no Gran Premio da Cidade de México, o Gran Premio de ao Paulo e o Gran Premio de Abu Zabi.[26][27]
A fin de semana do Gran Premio dos Estados Unidos de 2022, Capito confirmou que Sargeant pilotaría para o construtor británico no 2023 se obtiña os puntos para a Super Licenza, debía terminar polo menos quinto (ou sexto sen ningún punto de penalización) no campionato de F2.[28] Capito tamén mencionou que a súa nacionalidade estadounidense non foi clave para a promoción do estadounidense.[29] Sargeant conseguiu oficialmente os puntos de superlicenza necesarios despois da carreira de Abu Zabi de F2. Está preparado para conseguir máis quilometraxe na F1 durante o inverno con Alpine, pilotando o A521.[30]
O 21 de novembro de 2022, anunciouse que Sargeant pilotaría xunto a Alexander Albon, substituíndo ao canadense Nicholas Latifi para a tempada 2023.[31]
Tras o final da tempada 2022, Sargeant participou nas probas de postempada co Williams FW44 en Abu Zabi.[32] Sargeant escolleu o 2 como número permanente de piloto, o número usarao anteriormente Stoffel Vandoorne en 2017 e 2018.[33]
Sargeant clasificouse 16º no inicio da tempada en Bahrain, marcando un tempo idéntico ao McLaren de Lando Norris. Non obstante, como Norris logrou primeiro o seu tempo de volta, pasou á Q2. Na carreira, Sargeant rematou 12º, dous postos por detrás do seu compañeiro de equipo.[34]
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Vitorias | Poles | V/Rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Formula 4 UAE Championship - Trophy Event | Team Motopark | 3 | 0 | 0 | 2 | 3 | N/A | NC |
2016–17 | Formula 4 UAE Championship | Team Motopark | 18 | 0 | 0 | 7 | 15 | 261 | 2º |
2017 | F4 British Championship | Carlin | 30 | 2 | 2 | 2 | 10 | 356 | 3º |
Formula Renault Eurocup | R-ace GP | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | NC† | |
Formula Renault NEC | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 24 | 23º | ||
V de V Challenge Monoplace | 3 | 1 | 1 | 0 | 3 | 99 | 28º | ||
2018 | Formula Renault Eurocup | R-ace GP | 20 | 3 | 2 | 3 | 7 | 218 | 4º |
Formula Renault NEC | 12 | 1 | 0 | 2 | 3 | 87 | 5º | ||
2019 | FIA Formula 3 Championship | Carlin Buzz Racing | 16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 5 | 19º |
Macau Grand Prix | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 | N/A | 3º | ||
2020 | FIA Formula 3 Championship | Prema Racing | 18 | 2 | 3 | 2 | 6 | 160 | 3º |
2021 | FIA Formula 3 Championship | Charouz Racing System | 20 | 1 | 0 | 0 | 4 | 102 | 7º |
European Le Mans Series | Racing Team Turkey | 2 | 0 | 1 | 0 | 0 | 21 | 19º | |
Michelin Le Mans Cup - GT3 | Iron Lynx | 3 | 2 | 2 | 3 | 3 | 51 | 6º | |
FIA Formula 2 Championship | HWA Racelab | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 29º | |
2022 | FIA Formula 2 Championship | Carlin | 28 | 2 | 2 | 0 | 4 | 148 | 4º |
2023 | Fórmula 1 | Williams | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 21º |
2024 | Fórmula 1 | Williams | 13 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0º | 20º |
† Como Sargeant era un piloto invitado, non puntuou.
(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2024 | Williams | Williams FW46 | Mercedes AMG F1 M15 E Performance V6 t | BHR 20 |
SAU 14 |
AUS |
XAP 17 |
CHN 17 |
MIA Ret |
EMI 17 |
MON 15 |
CAN Ret |
ESP 20 |
AUT 19 |
GBR 11 |
HUN 17 |
BEL 17 |
NED |
ITA |
ACE |
SIN |
USA |
MEX |
BRA |
LVG |
QAT |
ABU |
20º* | 0* |
2023 | Williams | Williams FW44 | Mercedes AMG F1 M14 E Performance V6 t | BHR 12 |
SAU 16 |
AUS 16† |
ACE 16 |
MIA 20 |
EMI C |
MON 18 |
ESP 20 |
CAN Ret |
AUT 13 |
GBR 11 |
HUN 18† |
BEL 17 |
NED Ret |
ITA 13 |
SIN 14 |
XAP Ret |
QAT Ret |
USA 10 |
MEX 16† |
BRA 11 |
LVE 16 |
ABU 16 |
21º | 1 |
* Tempada aínda en curso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.