A litografía é un procedemento de impresión, hoxe case en desuso salvo para a obtención e duplicación de obras artísticas. O seu creador foi Aloys Senefelder, de orixe alemá. Etimoloxicamente a palabra litografía vén dos termos gregos lithos pedra e graphe debuxo.
Definición
A técnica litográfica baséase no desvío recíproco entre substancias lipóficas e hidrófilas, isto quere dicir que a auga rexeita as tintas graxas; as zonas que imprime e as que non imprime se encontran no mesmo nivel, por iso as matrices litográficas chámanse tamén planográficas.
Características
Para este tipo de impresión utilízase unha pedra calcaria puída sobre a que se debuxa a imaxe a imprimir cunha materia graxa, ben sexa mediante lapis ou pincel. Este proceso baséase na incompatibilidade da graxa e a auga. Unha vez a pedra está húmida, a tinta de impresión só queda retida nas zonas debuxadas previamente.
Para cada cor debe usarse unha pedra distinta e, evidentemente, o papel terá que pasar pola prensa de imprimir tantas veces como tintas se empregue. Nos carteis impresos mediante o sistema litográfico, tan frecuentes na segunda metade do século XIX e primeiras décadas do século XX, utilizábanse quince, vinte ou máis tintas.
O inventor deste sistema de impresión foi o tipógrafo alemán Alois Senefelder (1771-1834).
- Moulin Rouge - A Goulue
- A troupe de Mlle Eglantine
- Aristide Bruant
- Jane Avril
Así mesmo, reciben o nome de litografía, ademais do sistema de impresión, cada un dos exemplares obtidos por este procedemento así como o taller onde se realiza este tipo de traballos.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.