Lista de réptiles de Galicia
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A seguinte é unha lista dos réptiles atopados en Galicia. Esta baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española[1], a información obtida na Lista Vermella da IUCN [2] e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada[3], Pedro Galán e Gustavo Fernández[4].
Esta clase contén arredor de 8.300 especies vivas das cales unhas 30 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.
A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.
Na lista engádense, cando existen, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de réptiles, procurando sempre citar a referencia oportuna.