Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Oceanía
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Patrimonio da Humanidade é un lugar catalogado pola UNESCO como un destacado valor cultural ou natural para o patrimonio común da humanidade.[1] O Comité do Patrimonio Mundial designou 37 sitios Patrimonio da Humanidade en Oceanía. Estes están en 14 países, coa maioría dos sitios situados en Australia. As tres primeiras inscricións da rexión, a Gran Barreira de Coral, o Parque Nacional de Kakadu e os Lagos Willandra, foron en 1981, tres anos despois da creación da lista.[2] A rexión contén os tres sitios máis grandes do mundo: Área Protexida das Illas Phoenix, Papahānaumokuākea, e a Gran Barreira de Coral.[3][4] Ademais, a Zona de natureza salvaxe de Tasmania é un dos dous únicos sitios que cumpren sete dos dez criterios para a súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial (o outro é o Monte Tai na China).
Cada ano, o Comité do Patrimonio Mundial pode inscribir novos sitios na lista ou eliminar sitios que xa non cumpran os criterios. A selección baséase en dez criterios: seis para o patrimonio cultural (I - VI) e catro para o patrimonio natural (VII - X). Algúns sitios, designados sitios mixtos, representan tanto patrimonio cultural como natural. En Oceanía hai 11 sitios culturais, 19 naturais e 7 mixtos.[5] A UNESCO tamén pode especificar que un sitio esta en perigo, indicando "condicións que ameazan as propias características polas que un ben inscribíuse na Lista do Patrimonio Mundial".[6] En 2013, o Comité engadiu Rennell Oriental á Lista do Patrimonio Mundial en Perigo debido á ameaza de actividades de talla de árbores para o valor universal excepcional do sitio.[7]