Lista das óperas máis importantes
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O renacemento da presenza da ópera no mundo da música, decote grazas ás gravacións, supuxo un considerable incremento do repertorio. Antes, os teatros ofrecían sempre os mesmos títulos, limitando a cincuenta ou como moito a cen as obras que ofrecían regularmente. Porén, actualmente non para de medrar o número de óperas redescubertas que se foron incorporando aos circuítos operísticos.
Esta lista de óperas máis importantes segue o criterio dos expertos que se mostran no apartado de bibliografía consultada e pretende mostrar todas aquelas óperas que se interpretan con frecuencia, tiveron un éxito considerable na súa estrea, ou ben pasaron á historia por algún motivo que as fixo notables. As óperas da lista cobren tódolos xéneros importantes, e inclúen tódalas óperas interpretadas regularmente, a partir do século XVII as obras de Monteverdi, Cavalli, e Purcell, ata finais do século XX as óperas de Messiaen, Berio, Glass, Adams, Birtwistle, e Weir. Os comentarios que acompañan a cada ópera ofrecen unha breve explicación de por que se considerou importante. As óperas da lista aparecen por orde cronolóxica segundo o ano da súa primeira representación, ou no caso de que se estrearan moito despois da morte do compositor, a data aproximada da composición.