From Wikipedia, the free encyclopedia
Angiolino Giuseppe Pasquale Ventura,[1] nado en Parma o 14 de xullo de 1919 e finado en Saint-Cloud (Altos do Sena) o 22 de outubro de 1987, foi un actor italiano que creceu e traballou en Francia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Angiolino Giuseppe Pasquale Ventura 14 de xullo de 1919 Parma (Italia) |
Morte | 22 de outubro de 1987 (68 anos) Saint-Cloud (Francia) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cimetière du Val-Saint-Germain (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Saint-Cloud (–1987) París (1930–) Montreuil (pt) (1927–1930) Parma (1919–1927) |
País de nacionalidade | Italia (1946–1987) Reino de Italia (1919–1946) Francia |
Altura | 1,76 m |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema , loitador profesional , loitador afeccionado , actor |
Período de actividade | 1953 - 1987 |
Lingua | Lingua francesa e lingua italiana |
Deporte | loita Luta greco-romana (pt) |
Familia | |
Fillos | Clelia Ventura (pt) |
Premios
| |
|
Ventura era fillo de Giovanni Ventura e Luisa Borrini.[2] En 1927 deixou Italia coa súa nai para unirse ao seu pai, que fora traballar como representante de comercio a París varios anos antes. Porén, cando chegaron a Montreuil o 7 de xuño de 1927, a nai e o fillo non atoparon a Giovanni. O pai desaparecera. Posteriormente, Lino Ventura evocou poucas veces e de mala gana o pai ausente.
Por fidelidade ás súas orixes nunca adquiriu a nacionalidade francesa, algo que lle suxeriron moitas veces. Falaba francés sen acento e pola contra expresábase en italiano con certo acento francés. Deixou a escola moi novo e comezou a traballar desde os oito anos. Posteriormente exerceu diferentes oficios: mozo de hotel, mecánico, representante de comercio e empregado de oficina.[3] Non obstante, o máis importante para el foi o deporte e converteuse en loitador profesional. Nesta época coñeceu a Odette Lecomte nunha axencia de viaxes.[4]
Como conservaba a súa nacionalidade orixinal, alistouse no exército italiano ao comezo da segunda guerra mundial. Desertou cando o réxime fascista colapsou (xullo de 1943) para unirse a Odette en París, coa que casara o 8 de xaneiro de 1942.[2] Ameazado con ser delatado, tivo que agacharse para non ser arrestado polos alemáns,[5] nunha casa que servía como pendello en Baracé (regresou alí despois da guerra e mercou a casa).[6]
Despois da guerra, comezou unha carreira na loita libre, máis rendible que a loita grecorromana,[5] e participou en pelexas na Salle Wagram e no Cirque d'Hiver onde loitou baixo o nome de Lino Borrini, alias "o foguete italiano". A súa carreira de loita libre alcanzou o seu punto máximo en febreiro de 1950 cando se converteu en campión europeo de peso medio de Italia, mais rematou o 31 de marzo de 1950, cando Henri Cogan (que posteriormente tamén foi actor) o feriu ao lanzalo sobre unhas cadeiras metálicas. A caída deixoulle unha dobre fractura aberta na perna dereita. Despois converteuse en organizador de loitas para unha vintena de loitadores do seu equipo.[7]
En 1953, de xeito totalmente casual, un amigo falou del ao director Jacques Becker, que buscaba un italiano para interpretar un papel con Jean Gabin no seu filme Touchez pas au grisbi. Produciuse o encontro e Becker ofreceulle alí mesmo o papel de Angelo, que nun primeiro momento Ventura rexeitou. Coa estrea do filme, todo o mundo profesional se fixou nel.
Foi inmediatamente adoptado polo cinema, comezando por Jean Gabin, que se converteu nun grande amigo e tamén polo público, grazas á súa soltura e o seu talento natural para a interpretación, que facían del o actor ideal para os filmes de cinema negro, como delicuente ou como policía duro mais de gran corazón. Sen estudar nunca arte dramática, ascendeu rapidamente na industria. Primeiro foi actor secundario e despois accedeu aos protagonistas, afinándose a súa interpretación. Converteuse nun membro destacado do cinema francés e continuou a ser recoñecido como un dos grandes actores.
Faleceu aos 68 anos dun ataque ao corazón tras 34 anos de carreira cinematográfica e 75 filmes. Foi enterrado no cemiterio Le Val-Saint-Germain (Essonne).
En 1942 casou con Odette Lecomte, o seu amor de mocidade, con quen tivo catro fillos: Mylène (1946-1998, finada nun accidente aéreo[8]), Laurent (1950), Linda (1958) e Clelia (1961).[2] Odette faleceu en Trélazé o 15 de maio de 2013.[9] Pouco presente na súa familia por mor das xiras que encadeaba, dedicáballes sempre o mes de xullo, que pasaban en Cap Ferret (Gironde).[10]
Linda, vítima dun problema ao nacer, tiña unha discapacidade. Ao descubriren a falla de estruturas de apoio e de acollida para nenos con discapacidade, Lino e Odette crearon en 1966,[11] a organización benéfica Perce-Neige, que se converteu en fundación en maio de 2016, en Saint-Cloud, onde vivían, para prestar apoio ás asociacións existentes que traballaban no campo da discapacidade e para concienciar as autoridades públicas sobre as necesidades dos nenos con discapacidade e as súas familias.
Ano | Título | Personaxe | Director | Notas |
---|---|---|---|---|
1954 | Touchez pas au grisbi | Angelo Fraiser | Jacques Becker | |
1955 | Razzia sur la chnouf | Roger "the Catalan“ | Henri Decoin | |
1956 | La Loi des rues | Mario | Ralph Habib | |
Crime et Châtiment | Gustave Messonnier | Georges Lampin | ||
1957 | Le feu aux poudres | Legentil | Henri Decoin | |
Action immédiate | Bérès | Maurice Labro | ||
Le rouge est mis | Pepito | Gilles Grangier | ||
L'Étrange Monsieur Steve | Denis | Raymond Bailly | ||
Trois jours à vivre | Lino Ferrari | Gilles Grangier | ||
Ces dames préfèrent le mambo | Paulo | Bernard Borderie | ||
1958 | Maigret tend un piège | Inspector Torrence | Jean Delannoy | |
Ascenseur pour l'échafaud | Inspector Cherrier | Louis Malle | ||
Les Amants de Montparnasse | Morel | Jacques Becker | ||
Le Gorille vous salue bien | Géo Paquet | Bernard Borderie | ||
1959 | Le fauve est lâché | Paul Lamiani | Maurice Labro | |
Marie-Octobre | Carlo Bernardi | Julien Duvivier | ||
Sursis pour un Vivant | Borcher | Victor Merenda | ||
Douze heures d'horloge | Albert Fourbieux | Géza Radványi | ||
Un témoin dans la ville | Ancelin | Édouard Molinaro | ||
125, rue Montmartre | Pascal | Gilles Grangier | ||
Le chemin des écoliers | Tiercelin | Michel Boisrond | ||
1960 | Classe tous risques | Abel Davos | Claude Sautet | |
Mistress of the World | Biamonte | William Dieterle | ||
1961 | La ragazza in vetrina | Federico | Luciano Emmer | |
Un taxi pour Tobrouk | Theo Dumas | Denys de La Patellière | ||
Il giudizio universale | Giovanna's father | Vittorio De Sica | ||
Il re di Poggioreale | A gangster | Duilio Coletti | ||
Les Lions sont lâchés | André Challenberg | Henri Verneuil | ||
1962 | Le Bateau d'Émile | Émile Bouet | Denys de La Patellière | |
Les petits matins | the driver | Jacqueline Audry | ||
Le Diable et les Dix Commandements | Garigny | Julien Duvivier | Episodio "Homicide point ne seras" | |
Carmen di Trastevere | Vincenzo | Carmine Gallone | ||
1963 | Die Dreigroschenoper | Tiger Brown | Wolfgang Staudte | |
Les Tontons flingueurs | Fernand Naudin | Georges Lautner | ||
1964 | Cent mille dollars au soleil | Hervé Marec | Henri Verneuil | |
Llanto por un bandido | El Lutos | Carlos Saura | ||
Le Monocle Rit Jaune | Elie's Client | Georges Lautner | Cameo sen acreditar | |
Les Barbouzes | Francis Lagneau | Georges Lautner | ||
1965 | L'Arme à gauche | Capt. Jacques Cournot | Claude Sautet | |
La Métamorphose des cloportes | Alphonse Maréchal | Pierre Granier-Deferre | ||
Les Grandes Gueules | Laurent | Robert Enrico | ||
1966 | Ne nous fâchons pas | Antoine Beretto | Georges Lautner | |
Avec la peau des autres | Pascal Fabre | Jacques Deray | ||
Le Deuxième Souffle | Gustave Minda | Jean-Pierre Melville | ||
1967 | Les Aventuriers | Roland | Robert Enrico | |
1968 | Le Rapace | Rital | José Giovanni | |
1969 | O exército das sombras | Philippe Gerbier | Jean-Pierre Melville | |
Le clan des siciliens | Inspector Le Goff | Henri Verneuil | ||
1970 | Dernier domicile connu | Chief inspector Marceau Leonetti | José Giovanni | |
1971 | Fantasia chez les ploucs | Sagamore Noonan | Gérard Pirès | |
Boulevard du Rhum | Cornelius von Zeelinga | Robert Enrico | ||
1972 | The Valachi Papers | Vito Genovese | Terence Young | |
A aventura é a aventura | Lino Massaro | Claude Lelouch | ||
1973 | Le Silencieux | Clément Tibère | Claude Pinoteau | |
La Raison du Plus Fou | Le deuxième motard | François Reichenbach | Cameo sen acreditar | |
La bonne année | Simon | Claude Lelouch | ||
Le Far West | the prisoner | Jacques Brel | ||
L'emmerdeur | Ralf Milan | Edouard Molinaro | ||
1974 | Three Tough Guys | Father Charlie | Duccio Tessari | |
La Gifle | Jean Douléan | Claude Pinoteau | ||
1975 | La Cage | Julien | Pierre Granier-Deferre | |
Adieu poulet | Inspector Verjeat | Pierre Granier-Deferre | ||
1976 | Cadaveri eccellenti | Inspector Amerigo Rogas | Francesco Rosi | |
1978 | The Medusa Touch | Detective-inspector Brunel | Jack Gold | |
Un papillon sur l'épaule | Roland Fériaud | Jacques Deray | ||
1979 | L'Homme en colère | Romain Dupre | Claude Pinoteau | |
1980 | Les Seducteurs | François Quérole | Edouard Molinaro | (episodio "The French Method") |
1981 | GaGarde à vue | Inspector Antoine Gallien | Claude Miller | |
1982 | Espion, lève-toi | Sébastien Grenier | Yves Boisset | |
Les Misérables | Jean Valjean | Robert Hossein | ||
1983 | Le Ruffian | Aldo | José Giovanni | |
1984 | Cento giorni a Palermo | General Carlo Dalla Chiesa | Giuseppe Ferrara | |
La Septième Cible | Bastien Grimaldi | Claude Pinoteau | ||
La jonque chinoise | Claude Bernard-Aubert | |||
1986 | Sword of Gideon | Papa | Michael Anderson | Telefilme |
1987 | La Rumba | Un caïd | Roger Hanin | Cameo sen acreditar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.