Lingüística antropolóxica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingüística antropolóxica é unha rama da ciencia lingüística que estuda a linguaxe a partir das bases de coñecemento da antropoloxía. Non debe ser confundida coa antropoloxía lingüística que é a rama da antropoloxía que estuda o ser humano a través da linguaxe coa que se comunica.
Sexa cal for a súa denominación, esta disciplina tivo un importante impacto nos estudos da percepción visual (especialmente a cor) e a democracia biorexional, ambos estudos teñen en conta a distinción que distintas linguas fan da percepción do medio ambiente.
A antropoloxía lingüística convencional tamén ten implicacións na socioloxía e na auto-organización de comunidades humanas. Por exemplo, un estudo do pobo Penan revela que teñen seis palabras distintas para dicir a primeira persoa do plural nominativo nós. Isto pode implicar un maior entendemento da cooperación, o consenso e a toma de decisión consensual do que na nosa cultura. A lingüística antropolóxica estuda esta distinción e relaciónaa con modos de vida e a adaptacións aos sentidos. Así como estuda a distinción feita en linguas en relación coas cores do arco da vella, observando a tendencia a aumentar a diversidade de termos, como mostra o feito de que hai distincións de corpos neste medio ambiente que se deben facer. Levando a un coñecemento localizado e quizabes unha ética localizada, cuxa evidencia final son os distintos termos utilizados para referirse a "nós".