![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Finno-Ugric_Languages.png/640px-Finno-Ugric_Languages.png&w=640&q=50)
Linguas ugrofinesas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas ugrofinesas é un grupo de linguas dentro da familia das linguas urálicas que exclúe as linguas samoiedas. O seu status, anteriormente aceptado como subfamilia do urálico, baséase en criterios formulados no século XIX e é criticado por algúns lingüistas contemporáneos como Tapani Salminen e Ante Aikio como inexactos e enganosos.[1][2] As tres linguas urálicas máis faladas, o húngaro, o finés e o estoniano, están incluídas dentro das linguas ugrofinesas, aínda que as raíces lingüísticas comúns a ambas as dúas ramas da árbore tradicional ugrofinesa (finopérmicas e úgricas) están distantes.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Finno-Ugric_Languages.png/640px-Finno-Ugric_Languages.png)
O termo ugrofinés, que orixinalmente se refería a toda a familia, úsase ás veces como sinónimo do termo urálico, que inclúe as linguas samoiedas,[3] como ocorre habitualmente cando unha familia lingüística se amplía con máis descubrimentos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ca/Finno-Ugric_language.gif/320px-Finno-Ugric_language.gif)