From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua ugarítica[1] é unha lingua semítica unicamente coñecida en forma de escritos atopados na antiga cidade de Ugarit en Siria desde o seu descubrimento por arqueólogos franceses en 1928.
Ugarítico | ||
---|---|---|
Falado en: | Ugarit | |
Extinción: | século XII aC | |
Familia: | Linguas afroasiáticas linguas semíticas Ugarítico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | uga | |
ISO 639-3: | uga
| |
Mapa | ||
Status | ||
O ugarítico foi "o meirande descubrimento literario da antigüidade desde o desciframento dos xeroglíficos exipcios e o cuneiforme de Mesopotamia". Os textos literarios descubertos en Ugarit inclúen a "Lenda de Keret", a "Épica Aqhat" (ou "Lenda de Danel"), o "Mito de Baal-Aliyan", e a "Morte de Baal", reveladores todos dunha mitoloxía cananea, que foi empregada polos estudosos do Antigo Testamento da Biblia para comprobar como moitas frases comúns, xiros literarios e expresións desta bebían en fontes comúns coas relixións cananeas que rodeaban aos hebreos.
O ugarítico era unha lingua semítica escrita en cuneiforme, adaptado para o seu uso como alfabeto. Este alfabeto ugarítico, que está entre os máis vellos que se levan descuberto, difire de todas as outras escritas cuneiformes en que é un alfabeto máis ca un silabario. O chamado alfabeto extenso ten 30 letras diferentes, mentres que o alfabeto curto ten 22. A simple vista un texto neste alfabeto semella moi similar en aparencia á escritura acadia ou asiria.
A lingua ugarítica testemúñase en textos desde o século -XIV ata o século -XII. A cidade foi destruída -1180/-1170.
O ugarítico foi falado por unha cultura cananea, e en ocasións aparece o emprego do termo 'cananeo' para referirse á lingua ugarítica. Está moi relacionada coas linguas cananeas. Con todo, desde a perspectiva da taxonomía lingüística, non é vista por algúns como lingua cananea especialmente pola ausencia da evolución cananea ā → ō; é preferíbel pensar que é un parente próximo da protolingua da que descenden as linguas cananeas e que se falaba máis ou menos ao mesmo tempo que esa protolingua.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.