Lingua protoxermánica
From Wikipedia, the free encyclopedia
O protoxermánico (ou xermánico común) é o devanceiro común hipotético (protolingua) de todas as linguas xermánicas, que inclúen entre outros, o inglés moderno, o holandés e o alemán. A lingua protoxermánica non é directamente confirmada por ningún texto pero foi reconstruída por medio de métodos comparativos. Só se atoparon unhas poucas inscricións rúnicas en Escandinavia datadas de ca. -200 que se pensan que representan unha etapa do protonórdico inmediatamente posterior ao protoxermánico. Algunhas palabras tomadas prestadas do xermánico primitivo que existían en linguas non xermánicas veciñas crese que foron tomadas do protoxermánico; un exemplo é en finés e estoniano a palabra kuningas 'rei', que é similar á palabra reconstruída do protoxermánico *kuningaz.
O protoxermánico é unha lingua descendente do protoindoeuropeo. Posuía soamente dous tempos verbais (pasado e presente), en comparanza cos seis ou sete tempos do grego, latín e sánscrito. Parte desta diferenza é debida á deflexión caracterizada pola perda de tempos do presente no protoindoeuropeo, por exemplo o pretérito de indicativo. Porén, moitos dos tempos verbais doutras linguas parecen ser innovacións separadas en cada unha delas.