Lingua kalhíphona
lingua arauaca extinta, falada historicamente nas Antillas Menores / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua kalhíphona (tamén coñecida como kalinago, ingeri, iñeri ou inyeri), foi unha lingua arauaca falada historicamente polo pobo caribe nas Antillas Menores do Caribe. O kalinago extinguiuse arredor do ano 1920 por mor do xenocidio colonial, mais unha das súas variedades sobrevive como garífuna, principalmente en América Central.
Datos rápidos Kalhíphona, Códigos de lingua ...
Kalhíphona | ||
---|---|---|
Falado en: | Antillas Menores | |
Rexións: | Caribe | |
Extinción: | 1920 en Dominica, sobrevive como garífuna | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Te-arauacas Kalhíphona | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | crb
| |
Mapa | ||
Iñeri (kalinago) entre outras linguas precolombianas do Caribe. | ||
Status | ||
Pechar
Malia o seu nome, o kalhíphona non está relacionado coas linguas caribes. Pola contra, evolucionou das linguas arauacas faladas polos habitantes insulares, ou igneri, que os pobos caribes dominaron durante a era precolombiana. Durante o período colonial francés, os caribes tamén falaron un pidgin derivado do caribe.