Lingua estremeña
lingua do sistema asturleonés falada en Estremadura / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dialecto estremeño[1] (estremeñu) é unha variante de transición entre o castelán e o asturleonés falada nalgunhas vilas e comarcas do noroeste de Estremadura e no sur de Salamanca (non confundir co castúo, unha variedade de castelán falada en Estremadura). Algunhas fontes como o ethnologue clasifican ao estremeño como unha variante do castelán, sendo que o estremeño parece ter características de transición entre o castelán e o grupo asturleonés.[2]
Datos rápidos Estremeño Estremeñu, Status oficial ...
Estremeño Estremeñu | ||
---|---|---|
Falado en: | España | |
Rexións: | Noroeste de Cáceres e sur de Salamanca | |
Total de falantes: | 200.000 (1994) | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Iberorrománica Asturleonés Estremeño | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | ext | |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
A Estremadura occidental foi reconquistada polo Reino de León, sendo o asturleonés o dialecto histórico latino usado polos repoboadores, que comezaron coa repoboación da actual zona altoestremeña ao redor do século XII.