Lingua estándar
variante lingüística usada na educación formal e polos medios de comunicación / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha lingua estándar (tamén estándar lingüístico) é unha elaboración artificial e planificada a partir do diasistema dunha lingua, co obxecto de obter un modelo de lingua unitario para o ensino, os usos oficiais e os usos escritos e formais, que á súa vez permita cohesionar política e socialmente o territorio onde é oficial. Outro termo sinónimo de lingua estándar é variedade estándar.
O proceso de estandarización está incluído na parte da política lingüística[1] relativa á modelación formal dunha lingua, á adscrición dun status xurídico e administrativo, e ao fomento da súa adquisición, coñecido en sociolingüística como planificación lingüística.[2][3]