![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Yuman%25E2%2580%2593Cochim%25C3%25AD_map.svg/langgl-640px-Yuman%25E2%2580%2593Cochim%25C3%25AD_map.svg.png&w=640&q=50)
Lingua cochimí
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua cochimí foi unha lingua falada en gran parte de Baixa California falada polo pobo cochimí, atestada en documentos xesuítas do século XVIII. Semella que se extinguiu a comezos do século XX[1] (os falantes modernos "cochimí" falan kumiai.) Tiña dous dialectos principais, o setentrional e o meridional.
Datos rápidos Cochimí, Códigos de lingua ...
Cochimí | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Laymón | |
Falado en: | México | |
Rexións: | Baixa California | |
Extinción: | Comezo do século XX[1] | |
Familia: | Yuma-cochimí Cochimí | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | coj
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Pechar
Os textos xesuítas estabelecen que a lingua estaba relacionada coas linguas yuma da rexión do río Colorado. Baseándose en estudos glotocronolóxicos, a separación entre o cochimí e as linguas yuma crese que puido ter ocorrido no 1000 a.C.[3]