Lingua chaná
lingua charrúa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua chaná[2] é unha lingua da familia charrúa que outrora foi falada polo pobo chaná nas rexións do que hoxe é a Arxentina e o Uruguai, a carón dos ríos Uruguai e Paraná-Guazú.[3] O chaná está pobremente rexistrado. Existe unha curta gramática de Dámaso Antonio Larrañaga[4] e unhas poucas listas de palabras. No ano 2005 descubriuse un semifalante de chaná.[5][6][7]
Datos rápidos Chaná Lanték yañá, Códigos de lingua ...
Chaná Lanték yañá | ||
---|---|---|
Falado en: | A Arxentina e o Uruguai | |
Extinción: | Comezos do século XX Un semi-falante no 2005 | |
Familia: | Americana Charrúa Chaná | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Distribución orixinal das linguas charrúas, incluída o chaná. | ||
Status | ||
Pechar
A UNESCO recoñécea como lingua viva, pero "nunha situación crítica", xa que só ten un falante nativo.[8] A Cámara de Deputados da provincia de Entre Ríos recoñeceu a necesidade da súa preservación e protección gobernamental.[9]