Ligase
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioquímica, unha ligase (do latín ligāre, unir, colar) é un encima que cataliza a unión de dúas moléculas grandes formando entre elas un novo enlace químico, xeralmente coa hidrólise simultánea dun grupo fosfato do ATP ou outro nucleósido, que cede a enerxía necesaria para que a reacción teña lugar. En xeral, unha ligase cataliza a seguinte reacción:
- Ab + C → A–C + b
ou ás veces
- Ab + cD → A–D + b + c
onde as letras en minúscula simbolizan os grupos químicos pequenos hidrolizados.